lunes, 19 de abril de 2010

parte 1

O problema comezou a principios do 2009 coincidindo co inicio das obras de excavación dunha promotora inmobiliaria situada entre as casas e o río Anllóns. A partir deste intre sucedéronse as queixas. Primeiro os propietarios próximos á obra, logo toda a rúa principal da vila viron como as súas propiedades se agrietaban provocando desaloxos,xa que hai vivendas no que o desplome supera o establecido para consideralas habitables (30cm). Os danos afectan tamén a locais de negocios, algúns xa pecharon (pub, banco, vinoteca...) e outros están a piques de facelo.
O primeiro problema que se plantexa é o do dereito á vivenda. ¿Que acontece cos veciños sen teito? ¿É lícito quedar sen vivenda por construir unhas novas que posiblemente non cheguen a ocuparse completamente por falta de compradores?
Outra cuestión importante é a dos negocios que pechan. ¿Volverá Ponteceso a telos mesmos servizos que no 2008? ¿Acabará por perder vida a vila?

As testemuñas do enlace explícano perfectamente, síntense desprotexidos en todos os sentidos da palabra.

http://www.youtube.com/watch?v=wXUggr-cs2Y







POSIBLES CAUSAS (2)

Como nota aclaratoria, parte da rúa principal de Ponteceso está asentada desde décadas sobre solo de xuncal polo que á hora de construír son necesarias numerosas tarefas de achique.

Os veciños afectados culpabilizan á promotora da imaxe dos desperfectos.
O solo ten bolsas de augas e bótanlle a culpa ós traballos de achique que se fai no edificio en construcción para
evitar que se inunden os sótanos e como consecuencia os chans colindantes vánse afundindo. Legalmente non hai orde de paralización das obras xa que as licencias están en regra.

Pode agravar a situación o feito de que algúns edificios non foron pilotados no seu levantamento e haxa que construílos desde cero aínda que afecta en xeral á toda a mazá. ¿Estamos ante vellos problemas de edificacións mal xestionadas?¿Ou/e tamén ante problemas estructurais derivados da obra?

MEDIDAS (3)

O problema xa está creado, o realmente importante da historia é ¿quén se vai facer cargo das reparacións,reconstruccións e incluso alugueres temporais para esas familias que pagaron a súa vivenda e que quizáis aínda estean a pagala?

En busca de solucións os afectados reclamaron a empresa promotora. Nun primer momento aseguraban que o seguro se faría cargo dos danos, mais eso
cambiou xa que segundo os afectados xa non contestan ás chamadas e nin se molestan en coller as cartas certificadas. ¿Sería ético e compensatorio darlle un piso aos afectados no caso de ser os culpables da desfeita? ¿É transparente por parte da empresa non "dar a cara"?

Tamén chegaron ó concello o cal alega que a promotora ten as licencias en orde e mentras non haxa orde de paralización...Entre outras peticións só aprobaron a de pedir un informe técnico por profesionais e que buscaran cales eran as causas dos movementos que ocasionaban as grietas. A realización deste informe foi aprobada pola corporación para ben dos veciños o que parecía que tranquilizaba, algo, aos numerosos afectados que asistiron como público. Este informe foi contratado polo goberno municipal e costa ao concello máis de 40.000 euros de diñeiro público, que pagamos todos.

Recentemente, os afectados víronse sorprendidos ante unha carta municipal que recibiron no ue segundo o enxeñeiro de canles e portos, o señor Sergio F.Bastianelli afirmaba que o problema se trataba dun lavado de subsolo debido as baixantes de augas pluviais do edificio que está na mesma beirarrúa e vai indagar nesa zona en busca de escapes e aconsella realizarse calicatas e proceder a reparacións. Calicatas significa pagar uns 30.000 euros á túa conta,afectado!
¿Aparecen agora os problemas sendo un edificio que leva ahí máis de 30 anos?
¿É suficiente a participación e a labor do concello ou debería implicarse máis?
¿Qué dereitos teñen os propietarios?
A pesares de que o asunto é ben mediático, o feito é que a día de hoxe seguen a vivir apuntalados,sen respostas claras e coa incertidumbre de saber quén correrá cos gastos que globalmente e baixo peritaxe superan o medio millón de euros.


http://www.youtube.com/watch?v=IxY50FZfDRM





O debate está aberto, seguiremos ó tanto das novas...

domingo, 28 de febrero de 2010

NOVAS!!

O 27 de Maio do 2010 fixose púbico o informe final para coñecer o motivo das grietas e determinaron como causantes:

- Deficiencia da calidade do subsolo
- A apertura de sótanos no 2007, aconsellando restrinxir o número de sótanos a un ou ningún.
- Mala calidade das construccións, revisar a edificación en altura a como máximo dúas. As edificacións pendentes de demolición terán un alto custo de construcción xa que deben pilotarse a uns 40 metros de profundidade.

Para ver o iinforme completo deixo un enlace a páxina web do concello
http://www.ponteceso.net/ga/web/index.php?dep=1&mod=not&ide=427

ATENCIÓN!!!!!!!!!!
Tamén descubriron que..
O subsolo de PONTECESO ESTÁ CONTAMINADO POR AUGAS FECAIS!!!
O motivo é a rotura das canalizacións do alcantarillado ( que son moi vellas e formadas por colectores de cemento que puderon partir polas oscilacións do terreo) e os vertidos ao río Pelamio e ao Rego dos Prados. quedando claro que tanto os subsolos de Ponteceso como os ríos que o cruzan están contaminados e que toda a suciedade desemboca no río Anllóns.

¿Para cando un informe das medidas que se van tomar?
¿ Para cando unha nova rede de alcantarillado?
¿ É coa contaminación, qué?
SOLUCIÓNS XA!!!!